Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SINDICALISMO AGRARIO NACIONALISTA

Xurxo Álvarez crea unha corrente crítica dentro do SLG

Semanas despois do VII Congreso da organización as diferenzas internas coa nova dirección continúan.

Redacción - 18:01 11/01/2008
Tags: críticas SLG

Cando aínda non hai dous meses que o Sindicato Labrego Galego celebrou o seu VII Congreso, Xurxo Álvarez, o líder da candidatura que se enfrontou a Carme Freire, anuncia a creación dunha corrente política dentro da organización. A nova dirección do sindicato (que logrou o 75% dos votos dos delegados) deixou aos partidarios de Álvarez fóra do máximo órgano executivo. Mentres que Carme Freire xustificou a decisión pola operatividade organizativa, os partidarios de Álvarez consideran que é unha “manobra” para marxinalizalos internamente.

A noticia abre un novo escenario dentro do sindicato agrario. O SLG, a diferenza doutras organizacións nacionalistas, destacou pola forte unidade interna. A Unión do Povo Galego foi historicamente o partido político con máis ascendencia na organización. De feito nos anos 70 tivo un papel fundamental na creación das Comisiós Labregas (antecedente do SLG). Porén, nos últimos anos dirixentes como Lidia Senra ou Xosé Ramón Cendán fóronse distanciando das teses da UPG argumentando que o Sindicato Labrego precisaba ser unha forza autónoma do nacionalismo político. Outros cadros que agora encarnan a oposición interna, como é o caso de Xurxo Álvarez ou Manuel da Cal, ligados á UPG, coidan que a actual secretaria xeral, Carme Freire, continúa coa viraxe que comezou Lidia Senra.


4,25/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: