Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN RESPOSTA A NOVAS XERACIÓNS

Xuventudes Socialistas sae en defensa da política de mocidade do Goberno

A responsábel de Política Institucional, Silvia Fraga, cualifica de "desastrosos" os 12 anos de goberno Fraga en política xuvenil.

Redacción - 10:41 12/01/2008

As Xuventudes Socialistas reaccionaron ao comunicado de Novas Xeracións e afirman que as mocidades do PPdeG non están lexitimadas para criticar a Touriño "despois das desastrosas políticas do Goberno de Fraga para a mocidade galega". A responsábel de Política Institucional de XSG, Silvia Fraga, lembrou que o anterior presidente da da Xunta só se reuniu co presidente do Consello da Xuventude unha vez en doce anos de mandato.

O comunicado de resposta das Xuventudes Socialistas defende o Presidente da Xunta, e asegura que "as políticas de mocidade deben facerse de xeito transversal, e quen mellor para garantir esa tranversalidade que o Presidente da Xunta". Para Silvia Fraga, "Touriño é o Presidente do Goberno que conseguiu reducir en nove puntos o desemprego xuvenil en dous anos, que conseguíu a máxima taxa de ocupación da mocidade galega, que puxo en marcha medidas como o Noitebús, medidas que dan alternativas á mocidade galega en lugar de criminalizala como fixeron os sucesivos gobernos do Partido Popular".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: