As empresas levan anos alertando ao público coa mesma cantinela: as plataformas de descargas ilegais están matando a industria musical. Que facer?
Naosol
Revolucionar o sistema, permitíndolle, por exemplo, ao público implicarse directa e financeiramente na produción do álbum dun artista da súa elección. É o que propoñen Spidart e Nomajormusik, colocar ao artista e ao público "no centro da creación artística".
División de ganancias
Aos músicos, Spidart e Nomajormusik permítenlles crear unha páxina de presentación con biografías e información diversa, concertos, ligazóns, mp3... Os visitantes teñen así a posibilidade de elixir aos artistas a quen desexan axudar tomando parte na produción.
Cando os investimentos reunidos acadan unha suma mínima, os socios profesionais dos dous sitios (arreglistas, enxeñeiros de son, produtores...) entran en xogo para dar vida ao proxecto.
A división das ganancias realizadas pola venda do álbum efectúase a continuación entre os internautas coproductores (35 %), o artista financiado (35 %) e a web Spidart (30 %). En Nomajormusik, as partes respectivas son do 40% para o artista e os internautas e 20% para a web.
Para os visitantes tentados pola aventura, a idea consiste pois en lanzar novos grupos e músicos e tamén en recuperar unha parte do investimento grazas ao éxito do álbum ou o título. Nomajormusik convida aos internautas a participar na promoción dos "seus" artistas. Polo de agora, ningún artista inscrito sobre Spidart parece aínda ter recibido a oportunidade de acadar os 50.000 euros de patrocinadores necesarios. Con aproximadamente 3.080 euros de investimentos, o cantante folque Naosol figura como o gran preferido.