A edición dixital do diario Gara adianta un extracto dunha entrevista con dirixentes de ETA.
A edición dixital do diario Gara anuncia este venres unha ampla entrevista con dirixentes de ETA que se publicará íntegra este sábado en papel. Os integrantes da organización armada aseguran que “o fundamental non é se está o PSOE ou o PP, senon se o Estado Español recoñece os dereitos de Euskal Herria”
Na mesma entrevista, ETA afirma que Zapatero perdeu a oportunidade “dunha verdadeira transición democrática” e que o máximo representante do goberno español segue os mesmos pasos ca os ex presidentes Felipe González e José María Aznar.