Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Pídenlle ao Concello a anulación da licenza

Unha canteira estraga en Riotorto a cabeceira do río Turia

Os ecoloxistas sinalan que á beira da mina da Cruz da Cancela acumúlanse un feixe de "irregularidades" que lle afectan a "solo e protección de augas".

Redacción - 13:00 04/01/2008

"A explotación ten destruído a canle e a zona de servidume da cabeceira do Turia", quéixanse desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Adega. O colectivo protesta tamén pola explotación "dos mesmos taludes da estrada, sen autorización para elo e sen que se teñan adoptado medidas de seguridade adicionais para os usuarios da estrada". Repróchanlle ademais á Delegación Provincial de Medio Ambiente que cualifiquen como "simplemente molesta" unha explotación mineira que está usando explosivos, no canto de definila como "perigosa".

Tres meses despois da presentación no Concello de Riotorto e na Dirección Xeral de Urbanismo da solicitude de "nulidade" da licenza municipal e da autorización urbanística, quéixanse desde Adega de que non se dese ningunha resposta ao respecto. "Cando se está a afectar tan gravemente a cabeceira dun río, estamos a afectar ao conxunto do río en toda a súa lonxitude", advirten. Á beira poden ver imaxes da concentración que tivo lugar na zona o pasado xoves.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: