Os actos coinciden co centenario do nacemento do histórico galeguista.
A Fundación Sempre en Galiza e a Asociación Arraianos organizan este venres unha serie de actos para recordar ao insigne galeguista Elixio Rodríguez, que finou o ano pasado. O tributo coincide co centenario do seu nacemento.
O programa comezou ás 12 horas coa inauguración dunha praza no lugar de Grou (Lobios) que leva o nome de Elixio Rodríguez. Ás 12.30 estaba prevista a presentación da reedición do libro “Matádeo mañá”.
Mais o acto principal da xornada terá lugar ás 17.30 horas no IES de Celanova. No centro educativo desta vila intervirán, entre outros, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e o presidente da Fundación Sempre en Galiza, Xosé Manuel Beiras.