Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ONU, Google e Cisco únense para unha web

Seguimento en liña dos Obxectivos do Milenio

O portal MDGMonitor nace para que toda a xente poida seguir e ver, na rede, que se fai ou que se deixa de facer para conseguir os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.

Redacción - 09:30 06/01/2008

Segundo o secretario xeral da ONU, Ban Ki-moon, a nova páxina vai contribuír a facer que todo o mundo teña máis ganas de poñer algo de seu e de implicarse máis na consecución destes obxectivos.

MDGMonitor ten un mapa, que se vai actualizar periodicamente, no que se visualizan os indicadores dos oito obxectivos do milenio, que se han de conseguir antes de 2015: reducir á metade a poboación que pasa fame e que vive nunha pobreza extrema; universalizar a educación primaria; eliminar as desigualdades educativas entre homes e mulleres; reducir dous terzos da mortandade infantil; reducir tres cuartas partes da mortandade maternal; combatir o VIH, a malaria e as outras epidemias; asegurar a substentabilidade do medio; e ampliar a alianza mundial polo desenvolvemento.

O portal tamén ofrece as últimas noticias relacionadas con cada un dos Obxectivos do Milenio.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A web mostra mapas cos obxectivos que aínda fican por cumplir. Este é da porcentaxe de emisións de CO2 per cápita (amplíase clicando nel)
A web mostra mapas cos obxectivos que aínda fican por cumplir. Este é da porcentaxe de emisións de CO2 per cápita (amplíase clicando nel)