Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
RSF PUBLICA NA SÚA WEB O MANUAL DO PERFECTO CIBERDISIDENTE

Os novos recursos da cibercensura

Segundo Reporteiros sen Fronteiras, varios Estados proban novas técnicas para cohibir os ciberdisidentes

Redacción - 13:43 03/01/2008
Jingjing e Chacha, os dous ciber policías que aparecen nalgunhas webs chinesas

Jingjing e Chacha, os dous ciber policías que aparecen nalgunhas webs chinesas

2.676 sitios web do mundo foron pechadas ou suspendidas no 2007, segundo as cifras anuais publicadas por Reporteiros sen Fronteiras. Por primeira vez, a ONG adica un capítulo á ciber censura, cunhas cifras que seguen sendo inquietantes, con 86 xornalistas asasinados e 67 encerrados o ano pasado.

Segundo RSF, "nalgúns países, Internet está tan censurada como a prensa tradicional". No 2007, 37 blogueiros foron xulgados, outros 21 atacados e agredidos, e 65 ciberdisidentes encarceados, dos cales tres Chineses levan presos desde 1999 (a lista en RSF).

China, pioneira en materia de ciber-represión, encabeza a lista con 2.500 web pechadas antes e durante o 17 Congreso do Partido comunista chinés. Un "black-out" que tén toda a pinta de repetirse de cara aos Xogos Olímpicos de Pequín neste 2008.

Outra técnica eficaz dalgúns Gobernos: a persecución de blogueiros. A última vítima, o Saudí Ahmad Fouad al-Farhan, 32 anos, que denunciaba na súa web a corrupción dos dirixentes de Arabia Saudí e o tratamento dos presos políticos. Foi detido o 10 de decembro.

Transformar Internet en intranet
Algúns países innovan con técnicas máis sutís. Os sitios dos blogueiros poden virarse inaccesibles durante dous días, logo volta a poñer en liña, logo de novo desactivado. O obxectivo, segundo RSF: "arruinar a credibilidade de webs populares non censurando de maneira demasiado evidente, senón simulando problemas técnicos recorrentes".

Estas webs permiten a coñecer no estranxeiro feitos que molestan aos poderes locais. E se os blogs chineses, exipcios ou bielorusos están cheos de testemuños escritos, é a imaxe a que garda o máis forte impacto para chamar a atención. 2007 proporcionou un exemplo cando o xornalista e blogueiro exipcio Wael Abbas pon en liña vídeos de policías que torturaban e que violaban un sospeitoso en xaneiro pasado.

RSF publicou en outubro de 2007 un informe sobre China, titulado "Viaxe ao corazón da censura de Internet". A ONG puxo tamén en liña un manual do perfecto ciberdisidente.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: