Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eixo clave para o interior do país

Orozco recoñece que a autovía Lugo-Ourense podería non iniciarse até finais do ano que vén

O PP critica que as obras comezarán con máis de dous anos de atraso.

Redacción - 09:00 27/12/2007

Aínda que optimista no impulso que esta infraestrutura lle dará ás comunicacións do país e en especial ao "desenvolvemento económico, industrial e comercial desexábel para o interior de Galiza", o alcalde de Lugo referiuse este mércores aos atrasos cos que esta obra.
Explicou Xosé Clemente López Orozco que confía en que a construción da autovía poida comezar xa no verán de 2008, logo da licitación definitiva a pasada semana, e comentou o longo trámite sufrido polo proxecto. "O máis importante é que pasamos ese trámite da licitación", indicou, aínda recoñecendo que se ben as obras deberían comezar en 2008, ese inicio podería adiarse até o último trimestre do ano.

O longo proceso sufrido por este eixo de comunicación clave para o interior de Galiza xa fora recoñecido tamén o ano pasado pola propia conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, en referencia aos atrasos nos trámites, a escaseza de asignación nos orzamentos ou mesmo na lentitude da declaración de impacto ambiental. Máis escépticos aparecen no PPdeG, desde onde se queixan de que as obras comezarían a finais de 2008 "só no mellor dos casos" e recordan que segundo o plan inicial algún dos treitos mesmo xa debería estar rematado.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: