Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DO 27 AO 30 DE DECEMBRO

Semana de teatro infantil en Compostela

As representacións indlúen as últimas montaxes de Galitoon e Sapristi e traen á portuguesa Cia. Musical Teatral e á manchega A Priori Producciones.

Redacción - 11:24 26/12/2007

A Mostra de Teatro Infantil de Nadal está organizada polo Centro Dramático Galego e presenta as últimas creacións de catro das compañías máis creativas da península, como Galitoon e Sapristi (Galiza), a Cía. Musical Teatral (Portugal) e a compañía de Guadalaxara A Priori Producciones. Todas as funcións comezarán ás sete da tarde e as localidades teñen un prezo de 6€ por entrada e tamén hai un bono de seis entradas cun prezo de 30€.

Programa:
Xoves 27. Casi Romeo y Julieta (A Priori Producciones). Tres pallasos buscan un escenario para representar a máis famosa traxedia de todos os tempos. A partir de 3 anos.

Venres 28. Andakibebé (Cía. Musical Teatral). O espectáculo está recomendado para familias con bebés e presenta situacións escénicas de gran colorido animadas por imaxes de vídeo. Seis músicos interpretan en vivo cancións orixinais e arranxos sobre rimas e cancións da cultura tradicional portuguesa.

Sábado 29. Golulá (Galitoon). A obra mestura teatro de actor, monicreques de diversos tamaños, luz negra e teatro de obxectos... Para todas as idades.

Domingo 30. Ao son das cousas (Sapristi). Dúas actrices interpretan a dúas escoitadoras e recolectoras de sons. A partir de 3 anos.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha escena de Golula
Unha escena de Golula
Casi Romeo y Julieta
Casi Romeo y Julieta
Ao son das cousas, de Sapristi
Ao son das cousas, de Sapristi