Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SÁBADO 29, EN BURELA

Serra-lhe Aí!!! gravará en directo o seu novo disco

O concerto, do que sairá Ar de Foles, o novo álbum da banda, será na Praza da Mariña, onde se instalará unha carpa

Redacción - 11:20 29/12/2007

A festa de Serra-lhe Aí!!! ten entrada de balde, por suposto, e na web da banda ofrécense unha lista hospedaxes baratas para quen queira achegarse á Mariña dende calquera punto de Galiza.

Serra-lhe Aí!!! está integrado por Lola de Ribeira (percusións tradicionais e voz), Pablo Ces (bombo e charrasco), Manolo Maseda (acordeón e voz), Roberto Grandal (acordeón) e Pablo López (frauta). O novo disco do grupo quere ser "unha homenaxe aos camiños do vento", e nel participarán un abondoso grupo de novos gaiteiros, como Iván Costa, Edelmiro, Miguel de Tenorio, Raquel Domínguez, Rodrigo Zarambeques, Arturo Lamas, Andrés Toxeiros e Fernando Dopico. Tamén participará Guadi Galego (voz e gaita), Pablo Bernárdez (zanfona), Mudito (pandeiretas) e as percusións de Eliseo Zaera, Os Carallos e Beto Niebla, e o acordeón de Manolo Cociña. Carlos Blanco presentará o espectáculo.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Fotos: Xulio Villarino
Fotos: Xulio Villarino