É posíbel que un clímax sexual compartido por millóns de persoas cambie o rumbo do mundo?
O 22 de decembro, ademais da lotaría, tamén chega o solsticio de inverno e por segundo ano consecutivo unha organización estadounidense, o Global Consciousness Project, fai un chamamento para un orgasmo sincronizado pola paz. Os organizadores desta protesta sexual aseguran que a mellor hora para poñela en práctica en Galiza son as 7:08, aínda que é válido poñerse a trebellar até a medianoite. Recomendan que se traballe máis iniciativa naqueles países que contan con armas de destrución masiva-
O ano pasado o orgasmo social sincronizado, segundo lembran, serviu para parar dúas frotas estadounidense que se dirixían ao golfo pérsico para atacar Irán.