Tamén se saben os nomes das catalás convocadas para tentar furar a porta das galegas, no seu partido debut.
Unha imaxe dun partido das catalás
Os árbitros e mailas árbitras, así como os xogadores e as xogadoras, tamén son do país.
Para os primeiros partidos
O partido da selección masculino sub-16 contra Braga arbítrao Jorge Correia, árbitro vigués, acompañado de Pedro Rey e Saúl Rodríguez como árbitros asistentes. O das rapazas da mesma categoría arbítrao Belén Alonso, árbitra viguesa, con Marga Pulido e Carla Vázquez.
O colexiado dos rapaces sub-18 será o vigués Emilio Costas, acompañado de Adrián Díaz e Santiago Gómez. A das raparigas desta categoría é a tamén viguesa Andrea Montero, coa axuda das árbitras asistentes Sara Caride e Carla Pérez.
Para o Galiza-Camerún e Galiza-Cataluña
A árbitra da selección absoluta feminina será a viguesa Elena Casal, quen estará acompañada de Mari Llevot e Alicia Andrés. A cuarta árbitra é Isabel Rodríguez.
O partido da selección absoluta masculina será arbitrado polo ferrolán Julio Amoedo, acompañado por José Antonio Pérez e Julio Doval. O cuarto árbitro será José Manuel Costas.
Convocadas por Cataluña
Esta semana tamén se soubo os nomes das futbolistas convocadas para xogar contra Galiza este 27-D. Son Laura Bonaventura (Banyoles); Sheila Sanchón e Laura Ràfols (Barça); Cristina Prieto, Marta Torrejón, Miriam Diéguez, Sara Serna, Mª Victoria Losada Gómez, Marta Cubí, Natalia Arroyo, María Reche Romero e Rocío Serrano (Español); Alba Vilas (Tortosa Ebro); e Marina Torras e Georgina Carreras (L'Estartit).
O anterior partido que xogaron no campionato estatal por comunidades 2006-2007, o resultado foi favorábel a Cataluña, que gañou por 5-0.