As dúas cámaras do parlamento español disolveranse como estabelece a norma 55 días antes, o 14 de xaneiro.
O presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, anunciou esta quinta feira que as eleccións xerais serán o 9 de marzo, data xa barallada con anterioridade, mais que agora xa é oficial.
Xa que logo, o decreto de disolución do parlamento publicarase o 14 de xaneiro e a campaña electoral estenderase dende o 22 de febreiro ao 7 de marzo de 2008.
Rodríguez Zapatero realizou este anuncio no Congreso tras a aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado no último pleno ordinario da cámara nesta lexislatura.