Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Lista definitiva de xogadores

Camerún virá a Balaídos con 22 'leóns indomábeis'

O adestrador do equipo africano convocará a tres porteiros, cinco defensores, sete centrocampistas e sete dianteiros para se enfrontar á Selección Galega.

Redacción - 09:00 19/12/2007

O adestrador nacional do Camerún, o alemán Otto Pfister, convocará a tres porteiros, cinco defensores, sete centrocampistas e sete dianteiros para se enfrontar con Galiza no estadio de Balaídos en Vigo o 27 de decembro, segundo informa a prensa do país africano.

O parón invernal na maioría das ligas de fútbol europeas vai permitir que estean presentes en Vigo a grande maioría dos 23 xogadores que participarán na Copa de África 'Ghana 2008' dende o vindeiro 20 de xaneiro (o primeiro partido de Camerún, contra Zambia, será seis días despois).

Tras a última concentración dos cameruneses en Herzogenaubach (Alemaña) a mediados de novembro, son titulares indiscutíbeis na aliñación de Pfister: Jean II Makoun (Lille, Francia), o capitán, Rigobert Song (Galatasaray, Turquía), os porteiros Carlos Kameni (Espanyol, Cataluña), Souleymanou Hamidou (Denizlispor, Turquía), e Stéphane Kingue Mpondo (Coton Sport de Garoua, Camerún), presente en todas as convocatorias.

Tamén estarán presentes Thimothée Atouba (Hamburger SV, Alemaña), Achille Emana (Toulouse, Francia), Jöel Epalle (VfL Bochum, Alemaña), así como o recentemente recuperado dunha lesión Samuel Eto'o (FC Barcelona, Cataluña).

Aínda que lesionado, o dianteiro Bertin Tomou (Royal Excelsior Mouscron, Bélxica) virá a Vigo convocado coa selección camerunesa, ao igual que Paul-Hervé Essola Tchamba (Arsenal de Kyev, Ucraína) e o mediocentro Gil Binya (Benfica, Portugal), suspendido por seis partidos pola UEFA.

Entre outros caen da lista previa de 27 convocados o capitán do Newcastle, Geremi Njitap, e o xogador do Reading, André Stéphane Bikey, xa que as liga inglesa (ao igual que a escocesa) non para polo Nadal.

A lista completa dos 22 xogadores convocados:

1. Rigobert Song Bahanag
2. Samuel Eto’o Fils
3. Emana Achille
4. Tsafack Nguemo Landry
5. Webo Achille
6. Bekamenga Christian
7. Tomou Bertin
8. Mbami Modeste
9. Mézague Valery
10. Makoun Jean II
11. Epalle Joël
12. Nkong Alain
13. Atouba Essama Timothée
14. Tchato Bill
15. Mbia Etoundi Stéphane
16. Enam Alexis
17. Binya Jules Augustin
18. Kingue Mpondo
19. Kameni Idriss Carlos
20. Souleymanou Hamidou
21. Tignyemb Amour Patrick
22. Tchamba Essola


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: