Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
INFILTRADOS

1.445

É o número de estudantes no mundo remunerados por Microsoft para propagar a boa palabra nas súas universidades

Redacción - 17:58 18/12/2007

"Como se infiltrou Microsoft nas universidades suízas", titulaba o luns o xornal Le Temps. O diario de xenebra sinalaba a estes estudantes como os encargados de "tecer vínculos con compañeiros e profesores" para mellorar a imaxe da empresa de Bill Gates nas universidades.

O programa "Microsoft Student Partners" (MSP) non ten nada de clandestino, dispón dun sitio oficial. Nada de local tampouco: Os 1.445 estudantes ao servizo de Microsoft están espallados por 102 países. En España, hai 24 estudantes que levan o título de MSP e están en constante relación cos equipos de Microsoft ao longo da súa vida académica.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: