Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Haberá euroetiqueta oficial

Á UE tamén lle sabe o licor café

Foron 319 mil litros entre augardentes e licores, incluídos os 34 mil litros de licor café, os oficialmente producidos no país o ano pasado. O novo regulamento europeo axudará á súa comercialización.

Redacción - 13:45 18/12/2007

O licor café, o licor de herbas e a augardente de Galiza teñen xa aberta a porta da Unión Europea. Irán ao andel baixo a categoría "bebidas espirituosas", segundo arranxou a UE este luns.

O Consello de Agricultura e Pesca acordou así o regulamento para a designación, presentación, etiquetaxe e protección da indicación xeográfica das chamadas "bebidas espirituosas", que alén das tres galegas incluirá outras dezaseis a nivel estatal. Xa que logo, os Estados membros non poderán prohibir nin restrinxir a importación, venda ou consumo destas bebidas. Ao tempo, estabelécense definicións claras para todas elas coa fin de axudar á súa comercialización e facilitarlle aos consumidores a súa identificación.

Un negocio de 319 mil litros
A produción de augardentes e licores tradicionais acollida ás denominacións xeográficas das augardentes e licores tradicionais de Galiza chegou en 2006 a 319.666 litros, un volume de negocio de algo máis de 3,9 millóns de euros. A maior parte, 163 mil litros e 2,02 millóns de euros, correspóndelle á "denominación xeográfica Augardente de Galicia". En todo o país hai estabelecidos até 110 produtores de bagazo. Con todo, son só 30 o número de elaboradores e embotelladores oficialmente rexistrados.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: