Na xornada de debate sobre a poeta intervirán Helena González, Anxo Angueira e Leo i Arremecaghoná canda a expertos alemáns.
Rosalía de Castro foi un dos mellores expoñentes do romanticismo europeo do XIX, un movemento que acadou unha importancia funtamental en Alemaña e Europa Central. A obra e a figura de Rosalía sempre foi obxecto de estudo nas universidades europeas. Polo tanto non é extraño que o Centro de Estudos Galegos da Universidade de Tübingen, no sur de Alemaña, lle dedique unha xornada á poeta ao longo do venres.
O catedrático de Filoloxía Romárina Johannes Kabatek será o encargado de presentar a xornada a partir das oito da tarde. a continuación Wolfgag Matzat e Inga Baumann afondarán na importancia de Rosalía no contexto do romantismo europeo. Helena González falará a partir das cinco da influencia de Rosalía nas escritoras galegas da actualidade. Finalmente, ás seis menos cuarto Anxo Angueira ofrecerá unha conferencia titulada Rosalía de Castro: Poeta Nacional de Galicia, que culminará cun recital poético-musical a cargo do propio Angueira e de Leo de Matamá.
A xornada galega en Tübingen pecharase co concerto de Leo i Arremecaghoná no bar Lichtenstein (no Marktplatz), a partir das oito e cuarto da noite.