Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Andamos na procura dun nome para a selección galega

Que nome lle porías á Galiza futboleira?

A cousa anda entre o céltico Tropas de Breogán, a pataca, grelo ou calquera cousa relacionada co país, mecánica, ou os Indomábeis Gallaeci. Participa, porque pode haber moitas sorpresas.

Redacción - 12:01 14/12/2007
O ano pasado, xogando en Riazor contra Ecuador

O ano pasado, xogando en Riazor contra Ecuador

Metémonos nisto en serio, e imos chegar até o final! Queremos atoparlle nome á selección galega de fútbol, porque polo mundo adiante todos os combinados nacionais teñen un alcume, e nós tamén queremos un. A Canarinha (Brasil); A Laranxa Mecánica (Holanda)...

Pode ser como o épico "Os leóns indomábeis", que nomea á selección rival de Galiza, a de Camerún...

.. mais tamén se admiten cousas comestíbeis como os grelos ou as patacas mecánicas; outras do tipo "celta" como Tropas de Breogán (que até o de agora foi un dos que máis gustou, así como as súas variantes fillos de Breogán, Nazón de Breogán, a Selección Barda, Lume Celta etc); os galegos indomábeis é outra das propostas; e tamén os sacaúntos (vamos coas nacional-populares); os castróns; os cans de palleiro; os bravús; Marela's Team e cousas do estilo... mais sempre entrando no eterno debate: habémoslles chamar branquiazuis ou son branquicelestes?

Todos isto fostes deixando esta semana no Open Vieiros, pero desta vez a cousa vai vir con sorpresas. Ídelle dando voltas ao mellor nome para a Galiza futboleira, que só fican 12 días para ese 27-D.


Ligazóns

5/5 (8 votos)