Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O 15 ACTÚAN EN NEWARK

Bellón e Maceiras andan por Nova York

Até o día 23 os novísimos gaiteiro e acordeonista ofrecerán varios concertos na cidade e en localidades próximas. É a primeira vez que actúan en América.

Redacción - 12:00 13/12/2007


Dous dos valores máis novos e prometedores da música galega andan estes días facendo as Américas. Daniel Bellón (Ferrol, 1985) e Diego Maceiras (Fene, 1984) están dende o día 13 en Nova York para ofrecer varios concertos, o primeiro deles o sábado 15 no Salón Grande do Club España no Centro Galego de Newark en New Jersey.

O dúo Daniel Bellón & Diego Maceiras naceu na primavera de 2005 e dende entón gravaron un disco (Unión das Terras, 2006), venceron o concurso de música folk organizado por Radio Obradoiro en Compostela e máis o Runas (que lles deu dereito a tocar no Festival de Ortigueira 2007). Ademais, teñen actuado en Xenebra, no Festival Intercéltico dos Xogos Náuticos de Falmouth (Cornualles) e na XXXVI edición do Festival Intercéltico de Lorient.

Escoita algún dos temas do seu primeiro álbum:
Libertango



Outeiro verde



Once por catro


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Bellón e Maceiras, nun concerto recente en Málaga
Bellón e Maceiras, nun concerto recente en Málaga