Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SOCIEDADE DA INFORMACIÓN 2007

Un estudo sitúa o Estado Español entre os que máis 'discriminan' o rural no acceso á rede

O informe anual da Fundación Telefónica analiza en profundidade a evolución no uso das novas tecnoloxías.

Redacción - 09:00 12/12/2007

O informe elaborado pola Fundación Telefónica sobre a Sociedade da Información no ano 2007 amosa un crecemento constante do uso de tecnoloxías da información e da comunicación e a aparición de novos usos na internet no mundo, en Europa e no Estado Español.

A Fundación divide o informe en tres partes: unha radiografía do uso das TIC entre os cidadáns, outro para as empresas e un terceiro para as administracións, ademais dun percorrido polas diferentes comunidades autónomas. Dentro dun contexto de uso das novas tecnoloxías por debaixo da media europea, o Estado presenta algúns datos diferenciais curiosos.

Está, por exemplo, a enorme desigualdade no acceso á rede entre as áreas urbanas e as rurais, que só é comparábel coa que se dá nos países do Leste de Europa. Tamén está á cabeza dos estados europeos con maior diferenza de uso da Internet entre sexos, que se acentúa entre os maiores de 55 anos. No Estado tampouco se fai moito uso do navegador Firefox, aínda que destaca a omnipresencia do televisor nos fogares, fronte aos países escandinavos, onde hai un 6 ou 7% de vivendas que carecen del.

O caso galego
No caso de Galiza, destácase o esforzo da Xunta para achegar a Sociedade da Información á cidadanía por medio do PEGSI. No traballo tense en conta que o noso país parte dunha situación de desvantaxe polo perfil demográfico e económico: o avellentamento e a dispersión da poboación, a desigualdade dentre o Eixo Atlántico e o interior, a menor renda familiar e a atomización empresarial son factores que, en principio, afastan Galiza da media estatal. Porén, o crecemento constante nos indicadores de equipamento e uso das TIC amosan una converxencia cos datos do Estado.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: