Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O fútbol modesto internacionalízase

O Ferreira ficha un internacional marroquí

Segundo publicaba esta terza feira un xornal galego, Nourdinne Ouali Alami é a nova fichaxe do clube.

Redacción - 11:59 11/12/2007
Escudo do Ferreira CF

Escudo do Ferreira CF

O xogador xa ten competido, a nivel internacional, a carón de futbolistas coma Naybet, Bassir e Hadji, mais agora, cumpridos os 33, chegou a Galiza para xogar en Preferente, no Grupo Norte, co Ferreira CF, de Ferreira de Pantón, na comarca da Terra de Lemos.

Segundo publica o xornal La Voz de Galicia esta terza, o xogador xa debutou hai dúas fins de semana fronte ao Castro (partido que gañou o Ferreira, dando un paso máis cara a permanencia), mais tardou un par de meses en poder xogar, debido aos problemas que lle puxeron dende a federación marroquí.

Nourdinne é irmán do xogador do Lemos Youssef Alami (clube no que quería xogar, mais a fichaxe foi imposíbel, porque un estranxeiro non pode xogar en 3ª, a non ser que tivese ascendido co equipo a pasada tempada), e chega a Preferente coas arelas de poder xogar, a curto prazo, nunha categoría superior.

A historia futbolística do novo xogador do Ferreira

Nourdinne xogou 14 anos na Primeira División de Marrocos, no Mas, co que gañou tres veces a liga . Naquela altura foi seleccionado. O seu último polo combinado marroquí foi coa selección absoluta. Nesta etapa enfrontouse a Francia, Italia e Xapón, en varios partidos amistosos, e xogou a Copa de África.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: