Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'Medios e identidade'

O Consello da Cultura debate sobre a influencia da comunicación na construción identitaria

Un total de 26 expertos falarán durante dous días sobre o papel dos medios na difusión da lingua e cultura galega.

Redacción - 13:25 10/12/2007

Organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) o foro Medios de comunicación e identidade arranca o luns coa conferencia de Josep Lluís Gómez Mompart, catedrático de xornalismo da Universidade de Valencia, que xunto co profesor de historia Marcos Valcárcel falará dos medios de comunicación e nacionalismo no Estado e en Galiza respectivamente. A continuación seguirán tres paneis sobre os medios e o nacionalismo no Estado español no século XXI, e xa pola tarde reflexionarase sobre as nacionalidades históricas e os medios públicos e privados.

Os relatorios do foro continuarán o martes 11, con charlas sobre Lingua, medios e identidade na historia da comunicación de Galicia, para a continuación falar sobre os Medios impresos galegos na construción identitaria da Galicia autonómica. Ese mesmo día, haberá unha charla sobre a situación d'A Nosa Terra, a cargo do profesor da USC, Xosé Luís Álvarez Pousa, que continuará cunha mesa redonda na que participarán: coa participación de Lois Rodríguez, editor de Vieiros; Alfonso Eiré, exdirector d'A Nosa Terra; Xosé Manuel Vega, Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e Xosé Ramón Pousa, integrante da primeira redacción da etapa actual do semanario.

Xa para rematar, na conferencia de clausura debaterase sobre Medios e identidade, camiños de pasado, de presente e de futuro, de man da catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago e primeira directora da actual etapa d'A Nosa Terra, Margarita Ledo.


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: