Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
EXPECTATIVAS

A economía portuguesa comeza a reaxir

A OCDE prognostica un medre económico superior ao da zona euro por primeira vez dende 2001.

Redacción - 09:30 08/12/2007

Os últimos datos da OCDE danlle azos á política económica lusa. Segundo este organismo, o país veciño pode chegar a un medre económico do 2% en 2008, fronte ao 1,9 que se agarda de media para a zona euro. Os analistas coidan que a marexada que sofre o mercado internacional apenas se van notar. De confirmarse as expectativas, Portugal medraría, por primeira vez dende 2001, por riba da UE.

As principais razóns para o optimismo teñen que ver coa exportación. De feito, o propio informe da OCDE chega a afirmar que “se as mudanzas na estrutura da economía continuaren ao mesmo ritmo que nos últimos anos e as exportacións se manteñen, o crecemento da economía pode ser incluso superior ao que se prognostica”.

Agora ben, todas as expectativas positivas teñen unha ameaza: a inestabilidade dos mercados monetarios internacionais. Se esta se mantén durante un período moi prolongado, os custes de créditos para as empresas poden contrarrestar os beneficios das exportacións.


3,86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: