Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NO TEATRO PRINCIPAL DA ESTRADA

Francisco Castro recibe o 'García Barros' de novela

As palabras da néboa é unha obra histórica, ambientada na Galiza do século XVI, arriscada na súa escrita e composición

Redacción - 11:27 30/11/2007

O pasado ano Francisco Castro gañou o Blanco Amor coa súa novela Spam, unha obra ambientada no ciberespazo. Resulta curioso, en parte, que coa súa seguinte novela, As palabras da néboa, tamén premiada, lévenos ao século XVI, á Galiza feudal.

Francisco Castro gañou en xullo o Premio García Barros de novela, outorgado polo Concello da Estrada. O venres 30, a partir das oito da tarde, terá lugar no Teatro Principal da vila o acto de entrega do premio, acompañado dun recital de música. A obra, publicada por Galaxia, xa está nas librarías.

Unha novela histórica
A historia transcorre en Galiza, pero arrinca en América, cun personaxe que regresa a Europa, facendo o camiño inverso ao que están facendo todos os demais viaxeiros. E xa no vello mundo acabará liderando unha revolta contra o señor feudal.

O xurado do García Barros destacou tamén o "discurso narrativo orixinal" da novela, con longos parágrafos nos que non abondan os puntos, e continuos saltos temporais e espaciais. En certa forma as palabras, a súa forza, son as protagonistas da obra (de feito aparecen no propio título), sobre todo a través dun libro que se salva de ser queimado pola Inquisición.


4,17/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: