Odón Elorza declarou este venres por un presunto delito de "desobediencia, prevaricación e abandono de funcións", por non colgala na fachada da casa do concello.
Odón Elorza, este venres tras a súa comparecencia
O alcalde de Donostia (Euskadi), o socialista Odón Elorza, dixo estar "convencido" de que tras a denuncia do sindicato Manos Limpias contra el, por non pendurar a bandeira española na fachada da casa do concello, "está o PP".
Elorza fixo estas declaracións logo de declarar ante o Xulgado de Instrución número 4 da capital guipuscoana por un presunto delito de "desobediencia, prevaricación e abandono de funcións", arroupado polos membros do goberno municipal, integrado por PSE, EB e Aralar.
Manos Limpias afirma que, "con data 24 de xullo de 2007, unha sentenza do Tribunal Supremo obriga a que a bandeira nacional ondee diariamente con carácter de permanencia, non de excepcionalidade, non de conxuntura, e en todo momento, nos edificios públicos".
"Non é obrigatorio"
Pola súa banda, o Concello de Donostia lembra que, "recentemente, na Asemblea da FEMP se especificou que non era obrigatorio" colocar "diariamente a bandeira española" nos consistorios.
Odón Elorza explicou que na súa comparecencia ante a xuíz negou "todas as acusacións", e asegurou que "confía na Xustiza". Ademais lamentou que este asunto chegue a ser noticia, e acusou o PP de "engadir elementos de crispación" á precampaña electoral".