No libro recóllense os relatorios do Coloquio de Cultura Galega celebrado en agosto en Uruguai, con traballos de Ramón Villares ou Pilar Cagiao
O profesor Carlos Zubillaga, director do Centro de Estudios Gallegos de Montevideo, presentou no Consello da Cultura Galega o Anuario 2007 da institución, que recolle os relatorios do Coloquio de Cultura Gallega celebrado o pasado mes de agosto en Montevideo.
Entre eles figuran traballos de Pilar Cagiao (Mujeres en la inmigración gallega en Uruguay) e Ramón Villares (Transición democrática e autonomía en Galicia: uns anos decisivos). Carlos Zubillaga referiuse ao "esforzo sostido" polos responsables do Centro de Estudios Gallegos e lembrou que esta iniciativa é debedora dos traballo das asociacións arxentina e uruguaia de fillos de galegos, creadas nos primeiros anos da década dos sesenta.
O Centro de Estudios Gallegos foi creado en 1996 como resultado do convenio de cooperación entre a Universidade da República e a Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.