Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Despois de 17 anos de xulgado en xulgado

O Obradoiro volverá xogar o ano que vén na ACB

O equipo de baloncesto compostelán poderá competir na primeira liga estatal aforrando uns cartos, xa que terá que pagar o prezo de hai 17 anos, segundo unha sentenza do Supremo.

Redacción - 14:05 27/11/2007
O equipo ao completo, con todas as categorías

O equipo ao completo, con todas as categorías

Hai 17 anos o equipo compostelán chegaba por primeira vez aos tribunais reclamando unha aliñación indebida na fase de ascenso á ACB da tempada 89-90. Naquela altura xogaban contra o Júver Murcia e un dos xogadores deste quipo, Esteban Pérez, levaba documentos falsos para xogar como español. Estiveron a piques de entrar na primeira liga estatal.

Agora o Tribunal Supremo acaba de ditar unha moi agardada e histórica sentenza que obriga á Asociación de Clubes de Baloncesto a readmitir ao Obradoiro Santiago na competición.

Aforran uns cartos, pagando o prezo de hai 17 anos

Nos últimos anos, sabendo xa que ía ser readmitido, o equipo compostelán andaba en litixios para que lles cobrasen o canon de hai 17 anos para poder xogar en primeira, e non o de agora que é moito máis elevado (o daquela altura corresponde a 720 mil euros, e agora a ACB pide 2,4 millóns de euros). Coa nova sentenza do Supremo, o clube compostelán poderá xogar na ACB na tempada 2008-2009.

Na actualidade o equipo xoga na 1ª División Estatal e na tempada 2006-2007 clasificouse para disputar a fase de ascenso á Liga EBA.

Agora que o baloncesto galego volve ao máis alto, velaquí un vídeo feito pola Galega (no ano 2006, estando aínda o Leite Río Breogán na ACB) sobre a historia do mellor baloncesto galego (o Breogán, o OAR Ferrol, o Club Bosco Salesiano de Ourense, o Coren, o Baloncesto Galicia... e un pedaciño pequeno sobre o litixio do Obredoiro):


Ligazóns

5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: