Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O PRESIDENTE FRANCÉS FIRMA UN ACORDO PARA DESCONECTAR DE INTERNET ÓS PIRATAS

Sarkozy contra as descargas ilegais

A pequena piratería ten as horas contadas en Francia se segue adiante o acordo subscrito entre o presidente da República, Nicolas Sarkozy e asociacións musiciais, de cine e de proveedores de acceso a Internet. A partir de agora, quen descargue ilegalmente contidos, será desconectado da rede.

Redacción - 19:07 26/11/2007
Francia, en loita contra o "pirateo"

Francia, en loita contra o "pirateo"

Os internautas quedarán sen o servizo de acceso a Internet e pasarán a formar parte dunha sorte de lista negra que identificará ós piratas reincidentes.

Sarkozy pretende con esta medida que Internet comece a ser un "espazo civilizado" e non un constante atraco para os productores de ben culturais.

Malia que a medida represiva de desconexión tan só se levará a cabo cando os internautas realicen descargas ilegais persistentes de música e películas e tras dúas "advertencias" a través do correo electrónico, as asociacións de defensa dos consumidores xa puxeron o grito no ceo, por considerar que esta política represiva vai contra numerosos principios constitucionais, en particular, contra o que garante a presunción de inocencia.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: