Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A pleno rendemento no 2011

Portugal descobre un sistema para alertar dos tsunamis

O NEAMTWS permitirá avisar á poboación dun maremoto até media hora antes da chegada das primeiras ondas ás costas atlántica e mediterránea.

Redacción - 11:10 25/11/2007
Reuters (Arquivo)

Reuters (Arquivo)

Aproximadamente dentro dun ano xa poderá entrar en funcionamento esta tecnoloxía mediante a cal as autoridades poderán advertir aos cidadáns da chegada dun tsunami ás costas. O sistema, que recibe o nome de Sistema de Alerta Precoz de Tsunamis para o Atlántico Nordeste, Mediterráneo e mares conexos (NEAMTWS), está a ser estudado estes días en Lisboa.

Se os traballos continúan co ritmo previsto, no vindeiro ano este sistema debería permitir que as autoridades consigan avisar ás poboacións costeiras cando menos 30 minutos antes da chegada das primeiras ondas á costa. O ano 2011 será a data na que este sistema comece a funcionar en pleno, permitindo alertar en menos de dez minutos despois da xeración do maremoto. Este sistema funcionará en rede as 24 horas do día, e contará con centros en cada un dos 23 países que están actualmente implicados.

O proxecto, que se está a debater estes días en Lisboa, segue avanzando baixo ao coordinación do Comité Português para a Comissão Oceanográfica (COI) e deberá ser aprobado en decembro no consello de ministros da presidencia portuguesa da Unión Europea.


Ligazóns

5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: