A sala de concertos DZine, en San Sadurniño, reabre as súas portas, xestionada por unha asociación cultural. A banda de ska vasca Betagarri actúa o venres 23
A sala de concertos DZine, en San Sadurniño, situada no ambigú do antigo cine da vila, caracterizouse entre 2004 e 2006 por unha actividade moi intensa, achegando a este pequeno concello ferrolterrán a bandas de sona en todo o Estado, como a Kinky Beat. Deste xeito, San Sadurniño, a 15 quilómetros de Ferrol, converteuse nun dos centros culturais da comarca, no que se refire sobre todo a programación alternativa.
Hai uns meses pechou as súas portas, pero este venres retoma a actividade. Faino a través da nova nova Asociación Cultural DZ, impulsada por Iván Pedrales. A música volverá soar no cine, aínda que a sala ofrecerá igualmente teatro, filmes, e exposicións.
O primeiro concerto desta nova xeira será o da banda de ska Betagarri, de Gasteiz, xa con nove discos editados. Betagarri actuará o sábado 24 na Sala Breogain de Vigo, ás once da noite, acompañados de Skarnio e Kogito.