O colectivo considera que o bipartito pactou co PPdeG unha comisión “cara a galería”.
Preto de vinte persoas do colectivo 'Cultura sí, mausoleo non' concentráronse este mércores diante do Parlamento para denunciar a “farsa” da comisión parlamentaria. Os membros desta plataforma coidan que os tres partidos non quixeron depurar as responsabilidades penais e políticas que supostamente se derivan da xestión do Gaiás.
Dende a asociación consideran que é preciso unha auditoría para investigar se hai responsabilidades xudiciais. Mais cren que o bipartito quere pechar calquera as vías para unha “investigación seria”.