Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TRIBUTO

O Concello de Teo ultima a homenaxe a Avelino Pousa Antelo

O histórico galeguista será nomeado Fillo Adoptivo o vindeiro día 24 de novembro.

Redacción - 11:40 16/11/2007

En Teo xa está todo preparado para renderlle un tributo ao histórico galeguista Avelino Pousa Antelo. O vindeiro sábado 24 de novembro, a partir das 17 horas no Pazo de Adrán, a corporación municipal entregaralle a Pousa Antelo o título de Fillo Adoptivo.

O acto contará coa presenza do presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, que se encargará de relatar a traxectoria do homenaxeado. Na homenaxe tamén haberá tempo para a música, que virá da man de Mini e Mero e das pandeireteiras da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras. Finalmente, o alcalde do municipio, o nacionalista Martiño Noriega, será o encargado de clausurar a xornada”.

A pesar de nacer na Barcala, Pousa Antelo está moi ligado ao municipio de Teo, onde reside dende 1990. O presidente da Fundación Castelao, que xa conta con 93 anos de idade, segue a manter unha intensa actividade social en Teo.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: