Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xuntanza do Consello da Xunta en Muxía

Máis de 3.500 euros por persoa para revitalizar a Costa da Morte

Presentado o Plan de Dinamización da Costa da Morte, baseado en tres puntos: o impulso das infraestruturas, a mellora do capital humano e a dinamización económica con apostas como o parador de turismo.

Redacción - 17:30 15/11/2007

O 84% das actuacións incluídas no Plan de Dinamización da Costa da Morte están xa en execución ou en tramitación e tan só o 4% están pendentes da súa posta en marcha, tras a súa inclusión neste paquete de medidas plurianual de 524 millóns que suporá un investimento por persoa de 3.586 euros.

O Consello de Goberno anunciou o plan de reactivación da zona, cualificada polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, como "a periferia da periferia", tras a xuntanza celebrada este xoves de xeito excepcional en Muxía (Fisterra) con motivo do quinto aniversario do accidente do Prestige.

Nos vindeiros catro anos a Xunta prevé máis de 190 actuacións na totalidade dos 19 concellos que integran a Costa da Morte, nos que se aplicarán tres eixos fundamentais baseados no impulso das infraestruturas, a mellora do capital humano e a dinamización económica con apostas como o parador de turismo ou a recuperación de 216 quilómetros de camiños naturais entre Laxe e Muros.

No entanto, o presidente Touriño, sinalou que a "actuación máis destacada" é a vía de alta capacidade da Costa dá Morte, que unirá Carballo co Sardiñeiro, e que cun investimento de 342 millóns acapara máis da metade do presuposto total e representa a maior partida dedicada para infraestruturas de transporte realizada pola Xunta.


3,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: