Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No Estado existen centos de quilómetros

A vía Verde do Eo é o único camiño natural ferroviario que hai en Galiza

A pasada semana Esquerda Unida propuxo acondicionar outro treito en desuso, a vella vía de tren entre Amio e Sigüeiro, como rota de lecer.

Redacción - 10:25 18/11/2007
Unha imaxe da zona da Vía Verde do Eo

Unha imaxe da zona da Vía Verde do Eo

A vella vía pola que se levaba mineral entre A Pontenova e Ribadeo é na actualidade unha rota natural de privilexio, aínda que non está todo o ben acondicionada que puidese estar. Son apenas 12 quilómetros -entre Vilaoudriz, no Concello d'A Pontenova (A Mariña Oriental), e Santirso de Abres (Eo-Navia)- da chamada Vía Verde do Eo.

Mais é a única do país. Porén, no Estado Español hai até 1.600 km de vías deste tipo, que foron aqueladas para reconvertérense en camiños de sendeirismo e rotas para cicloturistas. O programa Vías Verdes é coordinado pola Fundación Ferrocarriles Españoles, e financiado polo Ministerio de Medio Ambiente en colaboración co ADIF, Renfe e FEVE, e tamén coa participación doutras administracións e mesmo asociacións cidadás.

Diversos colectivos téñense mobilizado en Galiza antes de agora en favor da creación de vías verdes en varios lugares. A última, esta mesma semana, chega de man de Esquerda Unida (EU) na comarca de Santiago. O grupo propón recuperar un treito de arredor de 12 km entre Amio e Sigüeiro, que pasa pola Sionlla e Verdía e cruza os ríos Tambre e Sionlla, a través do que cualifican como "unha das zonas máis virxes do concello, cun alto valor paisaxístico".

Ocio non alienante
"É unha oportunidade única que non se pode deixar escapar", sinalan desde a coordinadora comarcal de Compostela de EU, subliñando a posibilidade de, "con poucos investimentos", conseguir ofrecerlle á xente "un espazo único para o desenvolvemento dun ocio non alienante, alternativo ás prácticas actuais". Entenden ademais que sería un proxecto "revitalizador para estas zonas do rural compostelán". A moción foille proposta esta semana ao Pleno do Concello de Santiago.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: