Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Mais un pulo á integración no deporte

Pontevedra e A Coruña acollen as II Xornadas Deporte e Muller

O apoio ao deporte feminino é unha das frontes abertas na que loita con máis forza a Dirección Xeral para o Deporte. Esta segunda xornada, a desenvolver a finais do mes, agarda contar co éxito da primeira.

Redacción - 13:51 13/11/2007

O ano pasado a Dirección Xeral para o Deporte destinou un millón de euros ao deporte feminino: discriminación positiva, apoio aos clubes de base con mulleres no seu cadro de xogadores, axudas para a integración das mulleres nas xuntas directivas... E moitas outras medidas que se seguen a desenvolver, de cara a un obxectivo común: facer do deporte un eido de igualdade.

A igualdade no deporte
A loita pola integración e a igualdade no deporte é unha das loitas máis vellas desenvolvidas polo Deporte Galego. As mulleres andan polo medio disto, e son protagonistas de moitas das actividades organizadas pola Dirección Xeral.

No mes de marzo de 2006 celebrouse en Vigo a I Xornada Deporte e Muller. Crecendo dende a igualdade na que se xuntaron deportistas, árbitros, xornalistas, empresarias, concelleiras, adestradoras e moitas outras representantes do tecido deportivo galego, no que as mulleres teñen un papel primordial.

Agora vaise repetir a experiencia, mais, no canto dunha xornada, o traballo vaise repartir en dúas, a desenvolver, de xeito simultáneo, tamén en dúas cidades distintas: Pontevedra e A Coruña.

II Xornadas Deporte e Muller
As xornadas desenvolveranse os días 23, 24 de novembro e 30 de novembro e 1 de decembro na Coruña e en Pontevedra. A participación nas mesas outórgalle aos inscritos un crédito de libre configuración das Universidades da Coruña e Vigo.

Para apuntarse é preciso entrar na web do Deporte Galego.

Ao longo da xornada de traballo, analizarase a actual situación da muller ante o deporte, os inconvenientes, os puntos de acceso que aínda revisten limitacións, e trazaranse as pautas de actuación para o futuro. Un futuro, o do deporte, cada vez máis das mulleres.


Documentos

Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: