Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Fronte ás alusións da comisión

"Non comparen", advirten desde o Guggenheim

A aparición nas primeiras planas galegas de mencións ao museo bilbaíno non é do agrado dos seus xestores, que defenden que no seu caso houbo un incremento "controlado" dos orzamentos.

Redacción - 09:00 10/11/2007

Desde Bilbao, os responsábeis do Guggenheim aseguran que é necesario que desaparezan as referencias a esta obra que os diversos voceiros dos grupos parlamentarios utilizaron nas últimas semanas para defenderen as súas respectivas posicións, moitas veces opostas. Opinan os xestores da institución vasca que o museo bilbaíno non admite comparación coa Cidade da Cultura.
Alén de referírense a dous ámbitos socioeconómicos diferentes, desde Euskadi sinalan que "o edificio do Museo Guggenheim Bilbao foi construído cumprindo rigorosamente tanto os orzamentos estabelecidos como os prazos designados ao efecto, un logro extraordinario en obras da natureza e complexidade deste edificio e un feito do que nos sentimos especialmente orgullosos". Consideran así que houbo "un maior control" sobre as obras e entenden que o desvío na construción de até 20 millóns de euros entraría dentro dos "límites habituais" deste tipo de obras. Os xestores dao museo bilbaíno ofrécense para aclarar todo tipo de datos e cifras concretas sobre o Guggenheim que puideran axudar ao respecto da comisión de investigación do Gaiás.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: