Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
TRIATLÓN

Decepcionantes resultados para os corredores galegos

Pilar Hidalgo acaba no posto 24 e Iván Raña non consigue rematar a proba da Copa do Mundo de Triatlón que se disputou en Cancún, pero aínda lles queda a carreira de Eilat, en decembro.

Redacción - 19:48 04/11/2007

O ordense Iván Raña non puido rematar na cabeza da carreira da Copa do Mundo de Triatlón que se disputou este domingo na cidade mexicana de Cancún. O vencedor da proba foi o canadense Simon Whitfield, cun tempo total dunha hora, 52 minutos e 7 segundos. Whitfield é o segundo da clasificación xeral, xusto por detrás de Xabier Gómez Noya.


Na categoría femenina, Pilar Hidalgo tampouco tivo moita sorte, e quedou ao final no posto 24 da clasificación, a 8 minutos e medio da gañadora, a estadounidense Julie Ertel, que completou o percorrido en 2 horas, 3 minutos e 22 segundos. A triatleta aínda ten por diante a proba de Eilat (Israel), que se disputará o 1 de decembro, para acadar praza para os Xogos Olímpicos de Beixín.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: