 
 
Xente de todo o país converteu Corrubedo no símbolo do seu rexeitamento á instalación de piscifactorías na costa.
 
											Preto de 4.000 persoas segundo a organización e 2.500 segundo a Policía Local de Ribeira manifestáronse este domingo en Corrubedo contra o Plan Acuícola da Xunta. En todo caso, participou na marcha máis xente da que estaba prevista nun principio, co apoio de varias ducias de asociacións de todo o país. 
  As organizacións que apoiaron con máis intensidade a mobilización foron as que teñen a súa base nos lugares directamente afectados pola ampliación ou instalación de novas piscifactorías, como Merexo, Quilmas ou o propio Corrubedo. 
  A marcha partiu cun cuarto de hora de atraso sobre a hora prevista, as doce do mediodía, por mor das dificultades do tráfico do domingo, con feiras en Noia e Padrón e a vía de alta capacidade do Barbanza en obras, pero iso non freou os miles de persoas que se achegaron até Corrubedo. O percorrido, de dous quilómetros e medio, entre o porto da vila ribeirense e o faro, levou arredor de tres cuartos de hora. 
  O faro de Corrubedo converteuse nun símbolo da defensa do litoral, pois unha das 26 plantas previstas no Plan Acuícola afectará unha zona de gran valor ecolóxico a escasos metros do faro, a Laxe Brava. Alí, Xosé Manuel Beiras, Patricia Vázquez, Luís Tosar e Antón Reixa leron un manifesto a prol da conservación da costa do país.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto