Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Déficit viario na Costa da Morte

De "liñas sobre o mapa" á "autovía posíbel"

"Presentan o mesmo que tiñamos nós en 2005 e por riba atrásano máis", repróchalle o PPdeG ao PSdeG ao fío da vía Carballo-Cee. Un proxecto que en todo caso, renuncia á autovía.

Redacción - 09:00 02/11/2007
Tags:

"Haberá autovía onde o PP só tiña trazadas liñas do mapa". Así lle retrucaba a deputada socialista Marisol Soneira ás queixas do PPdeG sobre a vía de alta capacidade na Costa da Morte. Soneira engadiu ademais que os populares deixaran "un mal proxecto e que nin sequera incluía todo o trazado entre Carballo e Cee, e non contaba con asignación orzamentaria,e non tiña estudos nin proxectos". A deputada do PSdeG adiantou que o proxecto de Política Territorial define unha obra en dúas fases e que primará as empresas que decidan desdobrar a totalidade ou unha parte do tramo dende o inicio.

Xa que logo, a realidade é que o actual Goberno renuncia inicialmente, tal e como o facía o PPdeG, a despregar unha autovía nese treito. O propio presidente da Xunta recoñecera hai un ano que a nova vía só se convertería en autovía "se a intensidade do tráfico o require". Así, trátase en principio dunha infraestrutura que cubrirá unha distancia de 66,6 km entre os concellos de Carballo, Coristanco, Cabana, Zas, Vimianzo, Dumbría e Cee. O orzamento previsto é de 220 millóns de euros.

O deputado popular Alberto Sueiro acusara o Goberno de atrasar o inicio das obras para rematar amosando un proxecto igual ao paralizado en 2005, "sen modificacións". Sueiro asegura que o PPdeG deixara completados todos os trámites necesarios para licitar esas obras, e que de non ser paralizada podería ter sido aberta o mesmo ano que agora empezarán as obras. Ademais, censurou que o executivo parase a iniciativa argumentando que ía ser desdobrada en autovía até Berdoais, "e dous anos despois a Xunta retoma o proxecto tal e como foi elaborado polo PPdeG", quéixase.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: