Os propietarios percibirán entre 13 e 404 euros anuais por hectárea, dependendo de como estea catalogada.
O Consello da Xunta aprobou este xoves os valores dos prezos tipos para a cesión de predios rústicos ao Banco de Terras de Galiza. Os prezos estarán vixentes até o 31 de decembro de 2008 e servirán sempre como referencia máxima para as transacións. Unha hectárea de terreo improdutivo terá un valor máximo de 13 euros anuais, mentres que unha hectárea de viñedo preferente poderá chegar até os 337 euros.
Prezos máximos fixados por ano e hectárea:
Horta (337 euros)
Viñedo preferente (404)
Viñedo non preferente (202)
Froiteiras (148)
Labradío de regadío (310)
Labradío de secano (135)
Prados e pradeiras (121)
Pasteiro (27)
Forestal (27)
Improdutivo (13)