A aparición de varios cans mortos en distintos puntos do territorio, pero estes cans son a punta dun iceberg, que afecta animais domésticos, sobre todo cans de compañía e de caza ou gatos, pero tamén é responsable da morte de numerosos depredadores salvaxes con poboacións en perigo (mustélidos, aves rapaces, e o propio lobo), pero outras especies coma poden ser os córvidos e aquelas especies oportunistas que non desprezan un anaco de carne o un ovo abandonado.É unha, o uso do veleno, que ven repuntando nos últimos anos.
Con unha boa parte dos velenos usados, os cadáveres que vai deixando polos nosos montes, convértense en novos cebos envelenados que van amplificando o problema.
Coma no casos do incendios, o uso dos velenos son moi variados, e non se pode establecer un único motivo. Control de pragas coma as toupas, para a protección de especies cinexéticas, vinganzas, etc.. son algúns dos motivos que se barallan para a súa utilización
A FEG non é a primeira vez que solicita a posta en marcha do PLAN ANTÍDOTO, un protocolo de actuación co que xa contan os servizos de Conservación da Natureza doutras Comunidades Autónomas. A día de hoxe, a Consellería de medio Ambiente, non está aplicar ningún protocolo para combater este esta praga nos nosos montes. Pese a que se nos asegurou que se estaba a elaborar ditos protocolos, a día de hoxe, estes están totalmente parados.
Dende a FEG, reiteramos a necesidade de establecer e por en práctica en Galiza, un PLAN ANTÍDOTO e que poñan os medio necesarios para paliar o problema, problema que non so afecta os nosos cans ou a vida salvaxe, senón que é un problema de saúde pública.