Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A segunda do Estado

O BNG é a forza con maior porcentaxe de concelleiras no país

Chega até o 40,6% tras a aprobación da Lei da Igualdade, que estabelece un mínimo de catro mulleres por cada seis homes.

Redacción - 14:15 24/10/2007

O BNG é a formación política con maior porcentaxe de concelleiras en Galiza, que alcanza o 40,6%, e superar así o mínimo do 40% esixido pola Lei da Igualdade, e sitúase no segundo posto na clasificación estatal, só superada polo PSOE (43,5%).

Segundo datos do Ministerio do Interior, en Galiza, tras o BNG sitúanse o PPdeG (38,4%) e o PSdeG, cun 38,2%. O departamento non ofreceu datos do resto de formacións políticas que concorreron ás últimas eleccións municipais.

A clasificación estatal neste eido fica do seguinte xeito: PSOE (43,5%), BNG (40,6%) PNV e PP (40,2%), CC (39,9%), ICV (37,1%), Na-Bai (36,7%), CiU (36,6%), IU (34,8%), ERC (30,5%), EA (30,5%) e CHA (18,8%).


Documentos

4,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: