Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A boa actuación dos taekwondistas galegos

Cinco galegos no máis alto do taekwondo internacional

Manuel Barros e David Pérez competirán no Campionato de Europa Júnior; e as mozas Belén Asensio, Estefanía Hernández e Andrea Rica foron seleccionadas para o equipo español de peso olímpico.

Redacción - 12:21 24/10/2007
Unha imaxe de Andrea Rica podería conseguir a preclasificación olímpica

Unha imaxe de Andrea Rica podería conseguir a preclasificación olímpica

Dous mozos ao Europeo
Os deportistas Manuel Barros Couso, do clube Mace Sport de Pontevedra; e David Pérez Leiva, do clube MAT'S de Marín, están arestora concentrados no CAR Infanta Cristina de Murcia, ultimando os preparativos para participar no Campionato de Europa Júnior, que comezará esta fin de semana en Bakú (Acerbaixán).

Ámbolos dous son dous experimentados deportistas que xa foron campións de España en varias ocasións e que veñen de obter o ouro no Open Internacional de Austria, no que participaron coa Selección Galega.

David Pérez competirá na categoría de menos de 73 Kg, mentres que Manuel Barros estará na de menos de 63 Kg. Os dous son compañeiros de adestramentos no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), onde están ás ordes de Jesús Benito.

Dous galegos máis en Bakú
Na expedición galega a Bakú van tamén o técnico Marco A. Carreira, adestrador da Selección Española Júnior e adestrador no CAR de Madrid, e a árbitro internacional María Bautista Maestre, quen tras acadar o primeiro posto da súa promoción no curso de arbitraxe internacional de Roma, participa a cotío nas competicións internacionais oficiais.

Tres galegas na Selección Estatal de Pesos Olímpicos
As deportistas do CGTD , Belén Asensio Siu, (residente en Galiza, mais licenza da Federación Madrileña e que compite en peso minimosca, -49 Kg.), Estefanía Hernández (do clube Natural Sport de Ribeira, que compite en -57 Kg.) e Andrea Rica (que adestra no CAR de Barcelona e pertence ao clube Tao de Vigo, e compite en -57 Kg.), desprazáronse a México DF, xunto co adestrador da Selección Española de Taekwondo, Jesús Benito Díaz a pasada terza feira.

As tres deportistas participarán no encontro de ídolos mundiais que se celebrará na capital azteca, organizado polo ex-seleccionador español Ireno Fargas, quen promove este encontro a través da fundación que creou en México a favor dos rapaces que sofren minusvalías físicas e psíquicas.

Durante os case dez días de estancia en México as deportistas, integrantes da Selección Española de pesos olímpicos que participa neste evento, asistirán a conferencias, sesións dirixidas por adestradores de recoñecido prestixio mundial (entre os que estarán os españois Ireno Fargas, Jesús Benito e Elena Benítez), compartirán sesións con deportistas campións do Mundo (entre eles a propia Belen Asensio, Brigitte Yague e Juan Ramos, tamén o iraniano Haddi, o americano Steven Lopez, o taipeano Chu Mu Yen, o francés Pascal Gentil, a francesa Gladis Epangué, etc) e participarán no Torneo de Pesos Olímpicos no que tentarán consolidar os seus postos para ter unha segunda opción de clasificación olímpica en Istambul en Janeiro de 2008.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: