Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Meteorito sobre Canadá

A semana pasada un meteorito estoupou sobre o Territorio de Yukon, no Canadá. As testemuñas falan de dous estoupidos sónicos, un cheiro desagradable e sons seseantes por toda a zona. Os datos subministrados polos satélites de defensa e as estacións sísmicas permitiron estima-la enerxía da desintegración deste corpo extraterrestre: de 2 a 3 quilotóns de TNT.

- 12:44 30/01/2000
Tags:

Unha testemuña viu o meteoro contra as 16:45 TU do 18 de xaneiro. Disque a luz emitida foi tan intensa que iluminou as montañas coma se fose de día. O bólido de Yukon é do tipo 'esporádico', partículas de po que enchen o sistema solar e, a rumbo, van penetrando na atmosfera.
Este fenómeno espertou o interese da NASA e mailo Departamento de Defensa dos Estados Unidos, poñendo a voar unha astronave cun equipo especial para recoller partículas de po atmosférico. As análises do po recollido poderán determina-la orixe do meteoroide. Ademais dos instrumentos de recollida do po atmosférico, o avión leva cámaras para fotografa-la superficie na busca de posibles cráteres de impacto.
O suceso de Yukon é moi semellante á famosa explosión de Tunguska en 1908. A información que proporcione o estudio do meteorito de Canadá permitirá unha mellor comprensión do suceso de Tunguska.
Máis información


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: