Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No Concello de Mugardos

Tres meses de peche contra Reganosa

Co lema "Planta de gas fóra da ría", os veciños organizados no colectivo d'O Cruceiro de Mehá seguen firmes nas súas reivindicacións.

Redacción - 09:00 23/10/2007

Foi o 23 de xullo pasado cando lles contamos da acción organizada por un grupo de veciños de Mugardos en protesta pola planta de gas erguida a pé das súas casas. Había apenas uns días que o Consello da Xunta lle dera a aprobación ao plan de emerxencia da regasificadora. Paradoxalmente, a liña de seguridade estabelecida no propio plan, cun límite de 400 metros, inclúe vivendas particulares a menos distancia.

Con ese e outros exemplos en denuncia do feixe de irregularidades sufridas a conta do proxecto, os veciños acudían á Casa do Concello e pechábanse aló nun intento de estender as súas reclamacións sobre a situación. No caixón van quedando toda unha galería de requirimentos sen atender, entre eles a petición ao director da Área de Industria e Enerxía da Coruña, Francisco Barroso, da denegación de autorización final de explotación a Reganosa, beizón que aínda non lle foi outorgada malia estar xa en funcionamento. Esta semana fanse tres meses do inicio da protesta.


O último comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol chama a atención sobre os depósitos de Ferrazo en Arousa. A plataforma ferrolá lembra que estas instalacións onde desde 2000 hai uns depósitos de hidrocarburos líquidos con 80 mil toneladas almacenadas foron obxecto de rexeitamento e protestas populares, semellantes ás realizadas contra Reganosa. Ao fío, quéixanse de que a vontade actual do Goberno de rematar cos depósitos de Ferrazo mentres non se atenden as demandas contra Reganosa amosaría "dúas varas de medir".


4,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: