Mentres, os vídeos da TVG funcionan co Windows Media Player, que dificulta que se vexan en Mac e Linux
A BBC en internet debe ser para todos, tamén para os que navegan con Macs e ordenadores con Linux. Así acaba de ordenalo a BBC Trust, a institución que fiscaliza o prestixioso medio público do Reino Unido.
A polémica naceu cando BBC news, unha das webs de noticias máis populares do mundo, lanzou o iPlayer. Este servizo permite descargar programas, pero non funciona se non tes instalado o sistema operativo Windows XP, o navegador Explorer e o reprodutor Windows Media Player .
A intención iniciail da cadea era estender o iPlayer ás outras plataformas, pero só se lle resultaba rendíbel. Plans que a cadea debe reformular agora, pois a BBC Trust imponlle que o servizo público debe ser accesíbel para todos, sexa cal sexa o seu sistema operativo ou navegador .
TVG, si pero non
Trátase dun exemplo máis de como a neutralidade tecnolóxica gaña adeptos nas institucións públicas europeas.
Mentres tanto, en Galiza a páxina da Televisión de Galicia só permite ver os vídeos co Windows Media Player de Microsoft, circunstancia que dificulta, aínda que non impide, a súa visualización aos internautas que non confían no sistema operativo do xigante norteamericano.