O PP ofrecelle a Lendoiro un posto de saída para as eleccións europeas, despois de que non fora nomeado candidato á Deputación. O afectado rexeitou facer comentarios sobre o seu futuro inmediato.
As eleccións europeas celebraranse o día 13 de Xuño conxuntamente coas municipais. Lendoiro negouse a comentar se esta oferta podía ser unha compensación por non designalo candidato á presidencia da Deputación, cargo que actualmente ostenta.
Hai uns días Lendoiro manifestou que se sentía como un "porteiro ó que o seu propio defensa central lle marca un gol a propósito en propia meta".
As alternativas que se lle presentarían poderían ser un posto importante nas eleccións europeas, ou ben, pero a medio prazo, a súa inclusión na lista popular ás próximas eleccións xerais.
Aínda que estes rumores proveñen do mesmo partido, ninguén confirmou oficialmente ningún destes.
Lendoiro afirmou despois de non ser nomeado candidato á Deputación que "vai pensar o papel que desexa exercer no partido, con tranquilidade e co meu grupo de traballo, pero non descarto ningunha posibilidade".
Roberto Catoira