Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Carod-Rovira defende a súa identidade catalá en TVE

"Sabemos dicir Schwarzenegger ou Shevardnadze pero non Josep-Lluís?"

O presidente de ERC participou no programa Tengo una pregunta para usted xunto a Josep Antoni Duran i Lleida e Gaspar Llamazares.

Redacción - 12:00 17/10/2007

O programa de Televisión Española Tengo una pregunta para usted contou o martes á noite coa presenza dos políticos Josep-Lluís Carod-Rovira, presidente de ERC; Josep Antoni Duran i Lleida, voceiro de CiU no Congreso español, e Gaspar Llamazares, coordinador xeral de IU. Cada un dos tres representantes políticos foi respondendo as preguntas que lle formulaba o público presente no plató. A intervención máis agardada e máis polémica foi a de Carod-Rovira. A anécdota da noite foi o momento en que defendeu o seu nome, Josep-Lluís, fronte a dous cidadáns de Valladolid que lle chamaron “José Luis”: “Se vostedes en 300 anos non aprenderon sequera a dicir Josep-Lluís pero en cambio saben dicir Schwarzenegger ou Shevardnadze, vostedes teñen algún problema, non eu”.

Todas as intervencións do programa pódense ver na canle de TVE en YouTube.


5/5 (13 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: