Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACCIDENTE LABORAL

Desaparece un mariñeiro de Xove a 190 millas do Cabo Ortegal

O traballador viaxaba a bordo do pesqueiro “Valle Fraga” que ten a súa base no porto de Burela.

Redacción - 12:17 14/10/2007

Barcos e efectivos aéreos tratan de localizar dende primeira hora da mañá a Luis Alfonso Fernández, un mariñeiro de Xove que desapareceu a 190 millas do Cabo Ortegal. O traballador, de 51 anos de idade, viaxaba a bordo do pesqueiro “Valle Fraga” con base no porto de Burela.

O resto da tripulación decatouse da súa falta arredor das 7 da mañá, no momento do cambio de garda. Nas tarefas de busca tamén están a participar outros pesqueiros que se atopan na zona.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: